A FEDERACIÓN
A Federación de Usuarios do Porto de Vigo é unha federación de asociacións, cooperativas e agrupacións empresariais sen ánimo de lucro, que ten como interese común a utilización dos servizos portuarios na ría de Vigo e o seu porto, e por aqueloutras que sexan prestadoras de servizos complementarios.

A FUPV foi creada en maio de 1991 por sete das organizacións empresariais máis importantes relacionadas directamente co porto de Vigo, que xa entón agrupaban 750 empresas con máis de 17.000 traballadores. Actualmente, a FUPV agrupa máis de 1.500 empresas do sector portuario que empregan máis de 34.300 traballadores relacionados co porto de Vigo como transitarios, canteiros, armadores de pesca, consignatarios e axentes marítimos, comercializadores de peixe, transportistas de frío, transportistas de colectores, empresarios do metal, frigoríficos e vendedores-consignatarios de peixe en portos.

Puerto de Vigo


O porto de Vigo, en constante evolución, necesita crecer e adaptarse ás novas esixencias do século XXI, tales como adaptar o seu calado a buques cada vez de maiores dimensións. O fin da FUPV é que o porto sexa o foco dinamizador da economía e, á vez, potenciar o seu uso e crecemento para que o porto siga crecendo e sexa o referente no que se dea cabida a todos os sectores que traballan por e para el.

Hoxe en día, son dez as asociacións e, na actualidade, existe un plan para agrupar empresas estratéxicas, ampliando así a base loxística deste importante instrumento para a cooperación interempresarial relacionada co noso porto. A federación agrupa dez asociacións: a Asociación de Transitarios Expedidores Internacionais e Asimilados de Pontevedra (ATEIA); a Asociación de Canteiras de Galicia (ACG); a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi); a Asociación de Comercializadores de Peixe de Vigo (Acopevi); a Asociación de Transportistas Transfrío Sociedade Coop. Galega; a Agrupación de Transportistas de Colectores do Porto de Vigo (ATC); a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime); a Asociación Provincial de Explotacións Frigoríficas (APEF) e a Asociación Provincial de Vendedores-Consignatarios de Peixe en Portos.

Un dos primeiros traballos da federación consistiu na elaboración e a edición, en decembro do mesmo ano, do Libro branco sobre o porto de Vigo.”

Puerto de Vigo
Obxectivos
A Federación de Usuarios do Porto de Vigo ten como obxectivo a defensa dos intereses dos seus asociados así como outros fins:
• Representar e defender, individual, sectorial ou colectivamente, os seus membros, ante as autoridades, os organismos, as corporacións ou as entidades que sexa mester, no ámbito de actividade empresarial.
• Estudar vías de solución arbitral ou xurisdicional para resolver os conflitos ou as diferenzas que poidan xurdir entre os seus membros e as contrapartes destes; sempre e cando sexan aceptadas por ambas as dúas partes.
• Participar en cantos organismos, conferencias e reunións internacionais, nacionais e locais que teñan actividades vinculadas á súa
• Iniciar e manter relacións constantes con organismos oficiais, cooperativas e colexiadas, tanto provinciais como autonómicas, nacionais ou internacionais.
• Informar os seus membros sobre a mellor defensa dos seus intereses.
• Estudar os medios máis convenientes para obter unha utilización efectiva e eficaz dos medios dispoñibles nas instalacións portuarias e as vinculadas a estas.
• Organizar conferencias, seminarios e simposios sobre cuestións relacionadas co sector para dar a coñecer os proxectos e obxectivos do porto a opinión pública.
• Conseguir a total intermodalidade do transporte implicando a Renfe no transporte de mercadorías.
• Obter a colaboración das institucións e as entidades colaboradoras para o porto.
• Potenciar o crecemento, o progreso e o tráfico do porto de Vigo.
• Formar parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

Para solicitude de ingreso, escribide a fupv@fupv.es

Puerto de Vigo


castellano | galego
 
Faro de Vigo - 20-09-2017
 
Faro de Vigo - 20-09-2017
 
La Voz de Galicia - 20-09-2017
 
Atlantico Diario - 20-09-2017
 
Atlantico Diario - 15-09-2017
 
La Voz de Galicia - 14-09-2017
 
Faro de Vigo - 13-09-2017
 
Faro de Vigo - 13-09-2017
 
Faro de Vigo - 12-09-2017
 
 
Federación de Usuarios del Puerto de Vigo - 29-05-2013
 
Federación de Usuarios del Puerto de Vigo - 29-05-2013